HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra dará a coñecer os seus caldos en Londres

A D.O. Ribeira Sacra dará a coñecer os seus caldos en Londres

A cita será o día 29 de febreiro, no Landmark Hotel de Londres, a través do Decanter Spain and Portugal Fine Wine Encounter 2020,

Publicado o

- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra estará representada en Decanter, xunto con outras denominacións vitivinícolas galegas, nunha área especifica de Galicia, “Wines from Galicia”, que conta co apoio do IGAPE e que ten como misión resaltar o potencial do sector vitivinícola galego e poñelo en valor nos mercados internacionais.

Esta é a primeira vez que a D.O. Ribeira Sacra participa neste encontro, no que haberá produtores de España e Portugal. Farao con 14 viños, pertencentes a estas 8 adegas:

  • Don Bernardino S.L.  (2 viños: 4ª Generación, Don Bernardino)
  • Grupo Peago S.L. (3 viños: Condado de Sequeiras)
  • Adega do Mollón S.L. (2 viños: Pombares “Lía”, Pombares “Gloria”)
  • Adega Ponte da Boga S.L. (P Ponte da Boga)
  • Marcos Fernández Ramón (Cruceiro)
  • Tolo do Xisto S.L. (3 viños: Tolo do Xisto, Ruxe Ruxe, Tolo do Xisto Os Conventos)
  • Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Rectoral de Amandi)
  • Rodríguez López, Víctor Manuel (Val da Lenda)

Os viños da D.O. Ribeira Sacra tamén estarán presentes na presentación ‘Galicia Discovery Theatre’ a cargo da Master of Wine, Sarah Jane Evans. A cita, tamén en Landmark Hotel, neste caso ás 16.00 h., para achegarse ás características vitivinícolas de cada D.O., as súas tendencias e métodos de elaboración do viño.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...