HomeEconomíaCampaña "Sarria libre de COVID"

Campaña “Sarria libre de COVID”

O Concello de Sarria desenvolverá unha campaña para apoiar a hostalería e o comercio locais difundindo as medidas de seguridade e salubridade que se van adoptar nos establecementos comerciais.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña “Sarria libre de COVID” busca, ademais de conseguir evitar contaxios no municipio, ofrecer confianza a todos os cidadáns para que poidan acudir aos negocios de Sarria con total seguridade. Para acadar este obxectivo impulsaranse medidas contundentes de desinfección de modo continuo.

O concello adquiriu varios xeradores profesionais de ozono para desinfectar con eles todos os locais que así o soliciten. Elixiuse o ozono porque é o maior desinfectante natural, é sostible medioambientalmente (tanto por redución de consumo de auga como da vertedura de substancias corrosivas e contaminantes), e ademais xa é utilizado en hospitais, hoteis, medios de transporte e outras instalacións públicas.

O servizo municipal de xeración de ozono prestarase aos negocios de hostalería e comercio de forma gratuíta e por persoal municipal e deixarase constancia no local, por medio dun elemento visible para o público, da data e a hora na cal se realizou a desinfección, ao obxecto de ofrecer seguridade. A desinfección será periódica, preferentemente semanal ou, como moito, cada dez días.

Rúa comercial de Sarria / Xornal de Lemos

A intención do Goberno Local de Sarria é manter reunións, en canto a situación o permita, con comerciantes e hostaleiros de cara a buscar novas medidas que se poidan levar a cabo para impulsar a recuperación destes sectores tan afectados pola suspensión da actividade. Para axilizar o proceso facilitan o mail concellodesarria@sarria.es aos titulares dos negocios interesados para que vaian contactando de cara a confeccionar un plan de actuación e comezar coas desinfeccións o antes posible.

Nesta liña de reanimación comercial tamén están mantendo contactos coas Asociacións de Municipios do Camiño Francés para estudar as medidas necesarias que axuden a recuperar o nivel de asistencia de peregrinos nos vindeiros anos, e estender a seguridade dos sarriáns a todos os/as visitantes do concello nun futuro.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...