HomeEconomíaOs ERTEs evitan a ‘emerxencia social’

Os ERTEs evitan a ‘emerxencia social’

Así se pronuncia a secretaría de acción sindical de CC.OO. coñecidos os datos de paro relativos ao mes de abril. O Incio e Samos son os únicos concellos do sur de Lugo nos que baixou o paro e Sarria encabeza o peor dato cun aumento de 64 desempregados.

Publicado o

- Advertisement -

Aumento máis que preocupante do paro na zona sur de Lugo. Agás O Incio, Samos e Sober, o resto de concellos aumentaron o número de desempregados.

A Comarca de Lemos suma un total de 1.743 parados/as cun aumento de 63 desempregados; a de Sarria ten agora 1.292, 79 máis; a Comarca de Quiroga alcanza os 296, cun incremento de 4; e Chantada queda con 694, 29 máis que o mes anterior.

Os números por concellos son os seguintes:

Na Comarca de Quiroga: Quiroga 186 (+2), Ribas de Sil 59 (+1) e Folgoso do Courel 51 (+1).

Na Comarca de Chantada: Chantada 512 (+18), Taboada 114 (+7) e Carballedo 68 (+4).

Respecto á Comarca de Lemos: Monforte 1.190 (+44), Bóveda 57 (+3), Pantón 113 (+7), A pobra do Brollón 76 (+3), O Saviñao 183 (+6) e Sober 115, os mesmos que en marzo.

Na Comarca de Sarria: Sarria 936 (+64), O Incio 58 (-2), Láncara 127 (+8), Paradela 51 (+4), O Páramo 41 (+3), Samos 41 (-1) e Triacastela 38 (+3).

Mario Docasar, secretario de acción sindical de CC.OO., afirma que no conxunto das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga contabilízanse 1.807 traballadores que están nun ERTE, situación que alivia e frea a temida “emerxencia social”. Aínda así resúltalle preocupante “a grave situación de centos de familias nas que todos os seus membros están nun ERTE ou cobrando subsidios que en moitos casos son de subsistencia social”. E engade “dende CC.OO. esperamos unha resposta inmediata para sacar este mes a renda mínima vital”. Dende o sindicato calculan que pode haber unhas 2.000 familias que viven das pensións dos pais ou dos avós.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...