HomeEconomía45 contratos na zona sur de Lugo para persoas perceptoras da Risga

45 contratos na zona sur de Lugo para persoas perceptoras da Risga

A Xunta destina 617.500 euros a financiar a dez concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos para que contraten a persoas do seu municipio que sexan perceptoras da Risga.

Publicado o

- Advertisement -

No sur da provincia, Monforte de Lemos asume a metade das contratacións, con 20 contratos e un orzamento de 317.800 euros. Chantada, Saviñao e Quiroga contratarán a cinco traballadores, cun investimento de 65.635 euros para Chantada; Quiroga 54.067 e o Saviñao 62.704 euros. Incorporan dous traballadores A Pobra do Brollón con 23.374 euros, Pantón con 20.350 euros, Carballedo 24.050 e Sober 26.253. E contratarán a unha persoa, Ribas de Sil e Taboada, o primeiro con 10.077 euros e o segundo con 13.127

A asignación dos recursos realizouse por estrito orden de entrada en base ao número de persoas perceptoras da Risga de cada concello. Establécense distintos tramos que van dende dúas contratacións como máximo para os que contan con menos de 10 perceptores ata 40 contratacións máximo para os que suman máis de 700 persoas nesa situación.

A medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas proporcionándolles a práctica profesional necesaria, a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.

Grazas a estas achegas, os concellos  poden incrementar o persoal dos servizos municipais; a maior parte dos postos ofertados son para peóns de obras, de xardinaría e de limpeza. A Xunta asume os custes salariais totais -salario e seguridade social- para un máximo do 75% da xornada.

Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou teñan máis de 45 anos.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...