HomeEconomíaContratación de 23 desempregados na zona sur co APROL rural

Contratación de 23 desempregados na zona sur co APROL rural

O programa Aprol Rural permitirá que 11 concellos da Zona Sur da provincia de Lugo contraten a 23 persoas desempregadas. 

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria promove o programa Aprol rural a través do cal a administración autonómica asume a totalidade dos custes salariais dos novos contratos, que terán unha duración de 9 meses a tempo completo. Con este obxecto a Xunta mobiliza un investimento de 317.200 euros nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada.

 

Concello

nº contratos

Investimento

QUIROGA

2

27.500

FOLGOSO DO COUREL

3

41.250

A POBRA DO BROLLON

2

27.500

MONFORTE

4

55.000

SAVIÑAO(O)

4

53.733

TABOADA

2

27.491

RIBAS DE SIL

2

27.500

SOBER

1

13.436

PANTON

1

13.567

CHANTADA

1

13.746

CARBALLEDO

1

16.500

23

317.223

O programa Aprol Rural nace cunha dobre perspectiva: a de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras que nel participen, e a dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural.

As novas contratacións dirixiranse á realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios e co control das masas forestais nas denominadas faixas secundarias. A maior parte dos contratos teñen por obxecto a realización de tarefas de acondicionamento forestal, planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa.

Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa foron contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...