HomeEconomíaMonforte destina 18.000 euros a axudas para libros e material escolar

Monforte destina 18.000 euros a axudas para libros e material escolar

O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2020/2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 18.000 euros. As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2020/2021 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 24 de xullo de 2020. As bases  estarán a disposición das persoas interesadas nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello. Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2020 (295,81€/mes) en cómputo anual (3.549,74€ ano por persoa).

Nº membros unidade familiarIngresos netos mensuaisIngresos anuais
2591,617.099,44 €
3887,4310.649,16 €
41.183,2414.198,88 €
51.479,0517.748,60 €

A contía máxima das axudas será a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% . 

A solicitude formalizarase no formulario normalizado e irán acompañadas da documentación complementaria que requiren as bases, e todo elo poderá ser presentado no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...