A provincia de Ourense duplica á de Lugo en consumo do viño con D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra aumenta as vendas estatais e galegas nesta campaña vitivinícola, que vai desde o 1 de agosto do 2019 ao 31 de xullo. Dese período unha parte importante transcorreu xa coa pandemia do coronavirus e o correspondente peche do sector hostaleiro e restauración, aínda así os datos da D.O. Ribeira Sacra melloran a anterior campaña.

Barra bar / Saborea Ourense (vídeo)

Os datos da D.O. Ribeira Sacra en canto ás vendas no territorio estatal melloraron con respecto á anterior campaña, situándose en 38.759 hectolitros, fronte aos 36.162 do pasado ano; o que fai pensar que durante o confinamento aumentaron as vendas en supermercados e online. En España as comunidades que máis compran viño con D.O. Ribeira Sacra son Valencia con 1.997,40 hectolitros, Madrid con 698,94 hectolitros, Cataluña 313,97 con hectolitros e Castela e León 118,80 hectolitros. 

En Galicia a D.O. tamén aumentou as vendas con respecto á pasada campaña, con 34.026,31 hectolitros este ano e 32.428,70 o pasado ano. Ourense é a provincia onde máis viño con D.O. Ribeira Sacra véndese, 16.863,38; seguida de Lugo con 8.598,54, A Coruña 5.294,71 e Pontevedra con 2.579,84. Con respecto á anterior campaña subiu a venda de viños con D.O. Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e Ourense e descendeu en Pontevedra e A Coruña. 

D.O. Ribeira Sacra en Porwein / D.O. Ribeira Sacra

Na exportación deuse un lixeiro descenso con respecto ao ano pasado, pasando de 1.629,84 hectolitros a 1.506,93 neste último período. Aínda así aumentaron as exportacións a países como Bélxica, Canadá, China, Irlanda, Italia ou Suíza; destacando o aumento en Rusia, Países Baixos e Alemaña. Este aumento vincúlase ás visitas que fixeron ás adegas e viñedos da D.O. Ribeira Sacra importadores e prescritores e tamén á presenza en feiras internacionais como Prowein, London Wine Fair, Vinexpo Burdeaux,…e outros eventos como Decanter. Mentres que a asistencia a feiras nacionais como Gourmets ou Fenavin, contribuíu a consolidar as vendas no resto de España e a ter máis presenza no resto do territorio nacional. 

Os efectos da pandemia e as súas limitacións de tráfico si repercutiron no comercio con EEUU onde na anterior campaña vendéronse 472,17 hectolitros e este ano 339,56. O mellor ano das relacións comerciais con EEUU foi o 2015 con 877,32 hectolitros. Ese ano as vendas en exportacións da D.O. Ribeira Sacra aumentaban considerablemente, pasando de 359,40 de 2014 a 1.575,29 hectolitros do 2015. Sumando exportacións e importacións a D.O. Ribeira Sacra mellora resultados e pasa de 37.792,36 hectolitros a 40.266,28 nesta campaña vitivinícola que acaba de terminar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here