HomeEconomíaFolgoso do Courel, único concello que reduce o paro en outubro

Folgoso do Courel, único concello que reduce o paro en outubro

Mes desastroso para as catro comarcas do sur de Lugo con 217 desempregados/as máis. Lemos recolle os peores datos aumentando en 121, dos que 88 corresponden a Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. Lugo valora como “moi malos” os datos do paro relativos ao mes de outubro e pon o foco especialmente en Monforte, concello que alcanza os 1.284 desempregados/as, 88 máis que no mes de setembro.

Por comarcas temos a Lemos con 1.816 (+121), Chantada con 697 (+14), Quiroga 294 (+21) e Sarria 1.267 (+61).

Datos desagregados por concellos

Comarca de Lemos: Bóveda 61 desempregados/as (+4), Monforte 1.284 (+88), Pantón 121 (+10), A Pobra do Brollón 70 (+8), O Saviñao 164 (+2) e Sober 116 (+9).

Comarca de Sarria: O Incio 47 (+5), Láncara 129 (+4), Paradela 46 (+2), O Páramo 47 (+3), Samos 38 (+3), Triacastela 31 (+6) e Sarria 929 (+38).

Comarca de Chantada: Carballedo 75 (+3), Taboada 122 (+1) e Chantada 500 (+10).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 46 (-3), Ribas de Sil 53 (+5) e Quiroga 195 (+19).

A Secretaría de Acción Sindical, en relación aos malos datos de Monforte, insta ao seu alcalde a convocar o Concello Económico e Social (CES) pois segundo a formación sindical “xa leva dende o 12 de xuño de 2018 sen reunirse cando o Sr. Tomé sabe que ten que convocalo cada tres meses, segundo mandan os estatutos”. Así mesmo din que “lamentan que ao Sr. Tomé non lle preocupen os parados de Monforte xa que supoñen o 72% do paro da Comarca de Lemos”.

Na nota de prensa enviada a este medio, CC.OO. traslada tamén que van denunciar a algúns empresarios do sector da limpeza e do sector de aserradeiros por despedimentos a traballadores estando de baixa por accidente sabendo que era ilegal.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...