HomeEconomíaProxecto para mellorar as vendas a través do ‘packaging’

Proxecto para mellorar as vendas a través do ‘packaging’

O GDR Ribeira Sacra Courel impulsará esta iniciativa asesorando a 6 empresas agroalimentarias do seu territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto ten como obxectivo principal xerar valor para mellorar a comercialización das empresas incidindo na imaxe de marca e o packaging, a técnica comercial que fai posible que os consumidores escollan un produto ou outro nos lineais dos puntos de venda, tanto físicos como virtuais.

O programa durará seis meses, contará con tres fases -presenciais e online- e no asesoramento participarán ata un máximo de seis empresas agroalimentarias que serán seleccionadas a partir de varios criterios -representatividade proporcional do territorio, representación equilibrada dos sectores, motivación amosada, empresas beneficiadas de axudas Leader e data de inscrición-.

Dende a xerencia do GDR Ribeira Sacra Courel afirman que “a crise sanitaria na que estamos inmersos dende marzo puxo en evidencia a fraxilidade dos mercados e as carencias que teñen os pequenos produtores á hora de afrontar os novos retos económicos e empresariais que se presentan”. E neste senso lembran tamén que cómpre ter moi en conta os novos hábitos de consumo xa que “o comercio electrónico  aumentou un 55% durante o confinamento e esta tendencia seguirá en aumento nos próximos anos; o peche de tendas e empresas locais provocou un descenso na carteira de clientes”.

Unha iniciativa, en definitiva, que fará posible que traballando e mellorando a imaxe de marca se transmita visualmente ao público a calidade e os valores dos produtos das empresas que están no territorio Ribeira Sacra-Courel.

A inscrición pódese realizar ou ben enviando un correo electrónico a info@ribeirasacracourel.es, xunto cunha ficha que o GDR Ribeira Sacra Courel terá a disposición nas súas redes sociais, ou ben directamente nas súas oficinas de Bóveda.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...