HomeComarca de ChantadaCatas virtuais de viños da D.O. Ribeira Sacra

Catas virtuais de viños da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador convida á participación para compartir o sabor desta terra dende as casas. As catas virtuais serán os días 10 e 17 de decembro ás 19:00 h. e os videos das mesmas quedarán colgados nas redes sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra ten en marcha a campaña “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal”. Ademais do concurso de fotografías que se está desenvolvendo na fanpage da Denominación, as próximas actividades serán as catas virtuais que imparte a sumiller, Mercedes González Rodríguez.

As catas desenvolveranse por streaming (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram) os xoves 10 e 17 de decembro a partir das 19:00 horas. A participación na cata é aberta e de balde, pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. A inscrición deberá realizarse as 24 horas antes de cada sesión indicando ademais que viño dos que se catarán é o que mercou o/a participante. Trala inscrición obterase unha ligazón de Zoom e de redes sociais para poder seguir a cata e deixar as preguntas ou comentarios que se desexe facer sobre o viño en cuestión.

O xoves 10 ás 19:00 h cataranse:

  • Asolagados godello 2019 de Pilares de Belesar
  • Imbrice blanco Summum 2019 de Rectoral de Gundivós
  • Cruceiro Mencía 2019 de Ramón Marcos Fernández
  • Almanova Mencía 2019 de Alma das Donas
  • Diego de Lemos Mencía 2019 de Esther Teijeiro
  • Peza do Rei Mencía 2019 de Adega Cachín
  • Regina Viarum Mencía 2019 de Regina Viarum
  • Tolo do Xisto Mencía 2017 de Tolo do Xisto
  • Vía Romana barrica Mencía 2017 de Vía Romana
  • Cuesta de los Olivos Mencía 2018 de Finca Míllara

O xoves 17 a las 19.00 h cataranse:

  • Finca Cuarta godello 2019 de Rubén Moure
  • Brandán godello 2019 de Algueira
  • Décima Mencía 2019 de José Manuel Rodríguez González
  • Casa Moreiras Mencía 2019 de Casa Moreiras
  • Adega dos Beizos Mencía 2019 de Óscar González Rodríguez
  • Mouro Mencía 2019 de Belarmino Compañía de Vinos
  • Rectoral de Amandi Mencía barrica 2017 de Rectoral de Amandi
  • Muras do Fortes Mencía 2019 de J. Antonio Fortes López
  • Saíñas Mencía 2019 de Javier Fernández
  • Sete Tolos barrica Mencía 2017 de Víctor Manuel Rodríguez.

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra.

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra convida a participar para compartir desde a casa O Sabor dunha Paisaxe e lembra que os vídeos destas catas en directo quedarán despois colgados nas diferentes redes desde as que se emitirá a cata.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...