HomeEconomíaXa se coñecen os viños gañadores da XL Feira-Mostra do Viño de...

Xa se coñecen os viños gañadores da XL Feira-Mostra do Viño de Amandi

Na edición especial deste ano, que se desenvolveu no Hotel Pazo de Sober, participaron un total de 28 adegas e 55 referencias.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober clausurou este domingo 5 de novembro a XL Feira do Viño de Amandi. O acto, realizado no Hotel Pazo de Sober, tivo como anfitrión ao alcalde local Luis Fernández Guitián, quen estivo acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e outros representantes públicos de diferentes administracións. O Concello da Peroxa, concello convidado deste ano, estivo representado polo seu alcalde, Manuel Seoane Rodríguez.

Fernández Guitián lembrou a importancia de seguir poñendo o foco nun sector “básico para o noso Concello”, polo que houbo que reinventarse e non deixar pasar esta edición da feira. Insistiu na importancia de apostar polo viño da subzona de Amandi, ou calquera outra da D.O. Ribeira Sacra, durante estas festas e recordou que Sober seguirá adiante este mes coa campaña #Amandízate, coa que o Goberno local pretende “encher de Amandi os fogares e tamén as redes sociais”.

Recinto de catas e hashtag da campaña #Amandízate / XdL

Na mostra deste ano participaron un total de 28 adegas e 55 referencias e a asistencia ao evento foi mediante convite para dar cumprimento as normas sanitarias en vigor e previr contaxios da covid-19. 

Viños premiados na XL Feira-Mostra do Viño de Amandi

Categoría de tintos xoves

Cruceiro, Viña Cichón e Viña Mezquita (os tres gañadores).

Categoría de brancos

Finca Cuarta

Premio ás añades doutros anos

Adega A Carqueixa, Garoubas 18.

Autoridades cos adegueiros gañadores / XdL

O panel da cata oficial estivo composto por David Ledo Varela, enólogo de Adega Valdés (Rías Baixas) e membro da Asociación Galega de Enólogos, Cristina Mantilla González, enóloga e profesora do ciclo superior (Escola de Hostalería F. Belarmino Fernández Iglesias), Mayra Ratón Fernández, enóloga,  membro da Asociación Galega de Enólogos e membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra, Luis Díaz, xornalista especializado, Natalia Cid Mayo, sumiller, Grupo Montesequeiro e Manuel Corralero Geanini, sumiller do Hotel Plaza (A Coruña) e membro da Asociación de Sumilleres de Galicia (Gallaecia).

Os premios, unha peza exclusiva de Gundivós, foron entregados polo alcalde de Sober, Luis Fernández, a directora de Turismo, Nava Castro, o director da estación enolóxica de Galicia, Juan Casares, o director xeral de Agacal, José Luis Cabarcos, o deputado da área de participación cidadá, Roberto García e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...