HomeEconomíaRemata o obradoiro de emprego 'Sarria, Camiño de Santiago'

Remata o obradoiro de emprego ‘Sarria, Camiño de Santiago’

Na entrega de diplomas a 20 alumnos/as traballadores que participaron no obradoiro estiveron presentes, entre outras personalidades, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este venres 11 de decembro, na entrega de diplomas a 20 alumnos/as traballadores que participaron no obradoiro ‘Sarria, Camiño de Santiago‘. Esta acción foi financiada polo Goberno galego con 462.000 euros e que se desenvolveu ao longo dun ano, superando en tres meses a duración prevista inicialmente por mor da pandemia.

Sarria, Camiño de Santiago

Javier Arias clausurou, en compañía doutras personalidades e o alcalde, Claudio Garrido, o obradoiro de emprego Sarria, Camiño de Santiago, promovido polo Concello de Sarria e financiado pola Xunta -inicialmente con 336.400 euros, máis 126.100 euros pola prolongación-.

O obradoiro centrouse nas especialidades de Pavimentos e albanelería de urbanización, e Fábricas de albanelería, cada unha con 10 alumnos/as. Contou con dous monitores, un administrativo e un director.

Nos últimos meses levaron a cabo obras de reforma e adecuación do Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria, en elementos como a Escaleira Maior, o muro de peche e a escaleira de acceso ao Campo da Feira, ou o muro do antigo cemiterio; tamén separaron o itinerario rodado e peonil na baixada paralela a este último.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...