HomeEconomíaA poboación da provincia descende e envellece

A poboación da provincia descende e envellece

Entre algunhas cuestións destacables, Lugo en Cifras 2020 evidencia o descenso e progresivo envellecemento da poboación lucense en comparación co total de Galicia e de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios da Provincia de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, presentaron este mércores o informe ‘Lugo en cifras, unha publicación que se retoma grazas á colaboración entre as dúas institucións.

Entre algunhas cuestións destacables, Lugo en Cifras 2020 evidencia o descenso e progresivo envellecemento da poboación lucense en comparación co total de Galicia e de España, resultando “preocupante”, segundo a CEL, que a idade media dos habitantes da provincia sitúese xa case nos 50 anos.

A nivel da riqueza dos fogares, destácase que a maioría dispón de entre 1.000 e 1.500 euros mensuais e o PIB mantense na contorna dos 7.500 millóns de euros, preto do 13% do galego, mentres que se consolida o sector servizos, no que xa se empregan o 68,21% dos traballadores da provincia.

Por outra banda, continúa en descenso o sector da agricultura, debido á desaparición dun gran número de explotacións, á súa agrupación e mecanización, o que implica unha menor necesidade de man de obra neste ámbito.

Tomé Roca explicou que ‘Lugo en Cifras’ é “unha recompilación de datos socioeconómicos sobre a provincia de Lugo“, un documento no que se fai “unha fotografía da realidade social e da realidade empresarial e económica da provincia”. Volve publicarse agora despois de 10 anos de paro.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...