HomeEconomía20 persoas empezarán 2021 formándose no obradoiro 'Montañas do Courel'

20 persoas empezarán 2021 formándose no obradoiro ‘Montañas do Courel’

Foi inaugurado en Quiroga o pasado 29 de dedecembro e formará a 20 alumnos na especialidade de operacións de formigón. Os participantes aprenderán traballando ao tempo que realizan obras en espazos públicos dos concellos promotores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos atractivos da iniciativa dos tres concellos da Comarca de Quiroga, unidos por proxectos comúns como o coñecido Xeoparque Montañas do Courel, é que permite optimizar os recursos públicos. De feito, a Xunta apoia este tipo de solicitudes que favorecen aos municipios rurais, nos que resulta máis necesario xerar oportunidades de emprego que axuden a fixar poboación.

O obradoiro dual Montañas do Courel, inaugurado o pasado 29 de decembro, formará a 20 alumnos na especialidade de Operacións de formigón. Conta cun orzamento de 346.946 euros e terá unha duración de nove meses, durante os cales os participantes aprenderán traballando ao tempo que realizan obras en espazos públicos dos concellos promotores.

En Quiroga traballarán na ampliación do Museo Etnográfico; en Ribas de Sil construirán un cobertizo e mellorarán os accesos á praia fluvial e á zona recreativa de San Clodio; e en Folgoso do Courel acondicionarán un miradoiro no alto do Boi, unha área de estacionamento de caravanas e una alvariza, entre outras tarefas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...