HomeEconomíaAvances no proceso de electrificación do tramo de ferrocarril Monforte-Lugo

Avances no proceso de electrificación do tramo de ferrocarril Monforte-Lugo

Adif licitou o contrato para as obras de execución do proxecto construtivo de electrificación deste tramo por un importe de 21.230.252,91 euros (IVE incluído) e un prazo de 18 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto enmárcase nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, co obxectivo de incrementar a súa calidade e fiabilidade.

A actuación consiste na instalación de liña área de contacto entre as estacións de Monforte de Lemos (Porto Seco) e Lugo Mercadorías (liña León-A Coruña), un subtramo que na actualidade non está electrificado.

TRABALLOS DE ELECTRIFICACIÓN

A nova electrificación abarcará un tramo de algo máis de 73 quilómetros entre os puntos quilométricos (pp. kk.) 363/403 e 436/605 da liña León-A Coruña, correspondentes á saída da estación de Monforte de Lemos e á saída da estación de Lugo Mercadorías. Inclúe a electrificación das estacións de Rubián, Oural, Sarria, A Pobra de San Xiao, Laxosa, Lugo e Lugo Mercadorías. Instalarase liña área de contacto de 25 kV de corrente alterna, tipoloxía propia das novas electrificacións.

As súas principais características son as seguintes:

-Catenaria simple poligonal atirantada, formada por un sustentador apoiado e un fío de contacto. A liña de contacto estará compensada mecanicamente de forma independente para o sustentador e para o fío.

-Sistema de retorno de tracción con cable de retorno e carril principal de retorno.

-Velocidade de deseño da catenaria: 200 quilómetros/ h.

Segundo indican tamén dende Adif, estas melloras no tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo -nas que se enmarca a licitación devandita- teñen como obxectivo cumprir cos compromisos desta entidade coa mellora de condicións de explotación comercial do traxecto, dándolle máis fiabilidade, confort e mellorando os tempos de viaxe.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...