HomeEconomía25.000 euros en axudas para a reactivación económica en Folgoso do Courel

25.000 euros en axudas para a reactivación económica en Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel convocará por segundo ano consecutivo axudas municipais no marco do ‘Plan de Axuda á Reactivación da Actividade Económica’ do municipio como consecuencia da declaración do estado de alarma. As axudas estarán destinadas á reactivación da actividade económica de empresarios e autónomos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local ten previsto articular unha nova liña de axudas extraordinaria dotada cunha contía similar á do ano pasado (25.000 euros) para actuacións no ámbito económico, mantemento da actividade económica e dos seus postos de traballo en negocios de empresarios/as e autónomos/as, ben por peche temporal ou por minoración ostensible da súa actividade.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente doutras Administracións ou entes, públicos ou privados, rexionais, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre e cando o importe total das axudas que se perciba non supere as perdas económicas derivadas da covid-19 e os gastos necesarios para adecuación de locais para a reapertura dos seus negocios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas traballadoras por conta propia e as micropemes conforme a unhas bases que o Concello de Folgoso do Courel dará a coñecer nas vindeiras semanas, momento no que fará públicos tamén os detalles da convocatoria e o prazo de presentación de solicitudes.

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. No 2020 o Goberno local concedeulle as axudas a todas as persoas que as solicitaron, un total de 11 autónomos e empresarios da localidade.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...