HomeEconomíaA Comarca de Sarria rebaixa en 13 o número de desempregados/as

A Comarca de Sarria rebaixa en 13 o número de desempregados/as

No lado contrario atópase a Comarca de Lemos, onde o paro aumentou en 26 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato CC.OO. comunicou nunha nota de prensa os datos do paro do pasado mes de febreiro no que destaca a baixada xeral de case todos os concellos da Comarca de Sarria, así como os concellos de Carballedo, en Chantada, e Ribas de Sil, en Quiroga, onde se descontaron das listas do paro 7 e 8 persoas respectivamente.

Como comentamos, Sarria foi a mellor comarca, contabilizando 13 parados menos, mentres que en Chantada baixou en 11 e en Quiroga en 4. Pola contra, a Comarca de Lemos sumou 26 parados/as máis que en xaneiro.

PARO POR CONCELLOS

Comarca de Sarria: Sarria queda con 890 desempregados/as, 7 menos que o mes anterior, Láncara 123 (-7), O Páramo 45 (-2), O Incio 46 (-2), Paradela 50 (-1), Samos 47 (+4) e Triacastela 27 (+2).

Comarca de Lemos: Monforte suma 1314 parados/as, 13 máis, Bóveda 59 (+6), Sober 113 (-4), O Saviñao 164 (+6), Pantón 119 (+3) e A Pobra do Brollón 75 (+2).

Comarca de Chantada: Chantada 537 (-3), Taboada 112 (-1) e Carballedo 71 (-7).

Comarca de Quiroga: Quiroga 179 (+4), Folgoso do Courel 45 (non sufre variación respecto ao mes anterior) e Ribas de Sil 48 (-8).

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...