HomeEconomíaDinamización e axudas para a hostalería na Pobra do Brollón

Dinamización e axudas para a hostalería na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón concederá axudas económicas directas que os hostaleiros xa poden solicitar ao longo deste mes de maio, e mais programará actividades culturais e de lecer nos propios bares, así como un plan de visitas guiadas que atraia turismo ao municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras unha reunión celebrada entre membros do equipo de goberno da Pobra do Brollón, o técnico de cultura e turismo e os hostaleiros locais, ponse en marcha un plan de axuda á hostalería, un dos sectores máis prexudicados pola pandemia.

As actividades de promoción comezan no presente mes de maio e estenderanse ao longo do verán. Incluirán concertos, sesións de DJ e narración oral convertendo as terrazas dos bares en espazos culturais.

‘A hostalería é un sector importante para a economía local, xa que un bar é á súa vez cliente doutros provedores locais, está no eixo da roda económica,’ sinala Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

A achega económica que concede o Concello da Pobra do Brollón será compatible con outras axudas promovidas por entidades como a Deputación ou a Xunta. Concederase directamente a cada establecemento hostaleiro que estea aberto neste 2021, e pódese solicitar ata o 31 de maio.

Ademais da axuda económica directa, o Concello reforzará a súa aposta cultural dos últimos anos. ‘Nesta pandemia temos que sacar a cultura á rúa, e que mellor que levala ás terrazas e deste xeito axudar á recuperación do sector,’ comenta Maceda.

O técnico de cultura da Pobra do Brollón, Xosé Gago, sinala ademais que ‘a pandemia tivo consecuencias tamén no comunitario, polo que a través das actividades queremos crear tamén espazos de encontro e socialización para os veciños.’

A maiores dos eventos culturais, desenvolveranse novos proxectos turísticos e a oferta de visitas guiadas será ampliada tratando de incentivar que os visitantes consuman nos bares e restaurantes do concello.

As actividades cumprirán con todas as normativas vixentes en cada momento. Serán anunciadas a través da prensa, así como das redes sociais e da páxina web do Concello.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...