HomeEconomíaMelloras na estrada de Remesar, en Bóveda

Melloras na estrada de Remesar, en Bóveda

Cos traballos en marcha, por 93.000 euros, e os que saíron a licitación este mes por máis de 100.500 euros, quedarán renovados os primeiros 6 quilómetros desta vía da zona sur. O investimento total supera aos 200.000.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou estes días as obras de mellora da LU-P-0907, coñecida como estrada de Remesar, no Concello de Bóveda.

As actuacións consisten na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e na realización da correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas entre os puntos quilométricos 0 e 6,07. O primeiro tramo dos traballos que xa se están a acometer -ata o quilómetro 3,2- contan con un investimento de 93.000 euros e o seu prazo de execución remata en enero, aínda que é probable as obras estean rematadas nun tempo inferior.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que se decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€.

Unhas estradas en boas condicións, subliña Tomé Roca, “son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...