HomeTerra de LemosMonforteAdif amañará catro estacións do tramo Ourense-Monforte

Adif amañará catro estacións do tramo Ourense-Monforte

O ámbito de actuación limítase ás plataformas, cruces entre plataformas e aos accesos aos mesmos.

Publicado o

- Advertisement -

Adif aprobou a licitación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas en catro estacións do tramo Ourense-Monforte de Lemos, da liña convencional Monforte de Lemos-Vigo, por un importe de 5.428.812,63 euros (IVE incluído).

Así o informou Adif nun comunicado, no que explica que os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Ourense-Monforte de Lemos e “permitirán mellorar a fiabilidade de circulacións e usuarios”, engade.

“O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións e apeadeiros de Barra do Miño, Os Peares, San Estevo do Sil e Canabal”, concreta Adif.

Respecto diso, explica que o obxectivo se centra en “adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor”, en especial no relativo as cruces de vías entre plataformas, “mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega”, indicou.

O ámbito de actuación limítase por tanto ás plataformas, cruces entre plataformas e aos accesos aos mesmos cando se realizan directamente desde a vía pública.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...