HomeEconomíaO comercio quirogués sorteará cestas por valor de 2.200 €

O comercio quirogués sorteará cestas por valor de 2.200 €

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel anuncia unha nova campaña que pretende dinamizar o comercio local no mes de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa finalidade de incentivar as vendas durante este mes de decembro, esta asociación vai sortear entre os seus clientes 8 cestas cun valor, en total, superior os 2200 euros.

En cada local participante da campaña haberá una urna onde se deberán depositar os tiques con nome e número de teléfono, que se darán por cada compra superior a 10 euros.

A promoción estará vixente dende o 1 de decembro até o 31 de dito mes e o sorteo celebrarase o día 4 de xaneiro as 20:30 horas no Mesón Ferreiriño de Quiroga. O acto será público e poderá asistir quen queira.

Cartel da campaña

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...