HomeEconomíaLemos e Chantada reciben 4.5 millóns da Deputación de Lugo a través...

Lemos e Chantada reciben 4.5 millóns da Deputación de Lugo a través do Plan Único 2018

Os cartos repartiranse entre obras, atención a maiores, novos empregos, para citas turísticas, culturais e deportivas.

Publicado o

- Advertisement -

Lemos e Chantada reciben 4.5 millóns da Deputación de Lugo a través do Plan Único 2018. Así o sinalou o deputado de Relacións Internacionais Álvaro Santos Ramos aos veciños dos 14 concellos da zona de Lemos, Chantada e Ulloa nunha xuntanza na que estivo acompañado polo alcalde de Monforte José Tomé Roca e os deputados provinciais Pilar García porto e Miguel Ángel Sotuela Vega, informou

“Achegamos aos 54.000 veciños que viven na zona sur da provincia 4.5 millóns para mellorar a súa calidade de vida. Pois estos fondos, que proveñen do Plan Único 2018, son para a execución de maís de 60 obras de mellora, por valor duns 2.9 millóns de euros, de servizos públicos municipais como estradas. Destinamos outros 415.000 euros á atención a maiores a través do financiamento de 41.130 horas de Servizo a Domicilio para persoas non dependentes”, dixo.

Ademais, destacou que a deputación xerará 70 novos postos de emprego e dinamizará social e economicamente a vida nos municipios do Sur con preto de 250.000 euros, “que permitirán desenvolver 13 iniciativas turísticas, 44 culturais e outras 13 deportivas”. Co Plan Único 2018, a Goberno da Deputación achega aos máis de 31.000 veciñós dos 6 concellos da comarca de Lemos (Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober) uns 2.6 millóns de euros.

Para a comarca de Chantada a partida presupuestaria para os case 14.000 veciños dos 3 concellos da comarca (Carballedo, Chantada e Taboada) é de 1 millón de euros. A Deputación baseou o reparto das cuantías económicas en base a datos obxetivos como son poboación, superficie, entidades poboacionais, taxa de paro e índice de envellecemento.

Asisntentes á poñencia de Santos Ramos.Fonte:Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...