HomeEconomíaO concello de Monforte recorrerá a sentenza pola que Aqualia tenlle que...

O concello de Monforte recorrerá a sentenza pola que Aqualia tenlle que pagar máis de millón e medio de euros

O concello de Monforte segue gañando sentenzas, Aqualia tenlle que pagar máis de millón e medio de euros. Pero José Tomé tamén anuncia, que “dende o Concello imos recorrer esta sentenza porque cremos que a cantidade que se reclamou a través do acordo tomado polo Pleno é a que debe ser aboada por Aqualia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Pleno de 24 de febreiro de 2020 o concello de Monforte requiría a Aqualia, a cantidade de 2.221.980,36 euros, máis os intereses de demora, polas obrigas contractuais incumpridas por esta empresa entre os anos 2001 e 2003. A empresa interpuxo recurso e agora a sentenza nº 269/2021 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo, desestima o recurso contencioso-administrativo interposto.

Do total demandado polo Concello, a sentenza recoñecelle á empresa o investimento de 734.276,46 euros en obras, pero obrígalle a abonar ó Concello a cantidade de 1.671.671,22 euros, ós que se deberán engadir intereses, a computar dende a data de requirimento formal á empresa, en marzo de 2018.

 “Novamente a xustiza danos a razón, e xa son varias sentenzas favorables fronte a Aqualia. Nesta ocasión supón unha cantidade económica de enorme importancia, pois é superior ós 1,6 millóns de euros. É unha excelente noticia para este Concello, porque permitirá levar a cabo importantes investimentos en infraestruturas e actuacións de mellora para o municipio”, salientou o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...