HomeEconomíaSEA e SEPES avalan a boa marcha do Polígono do Reboredo en...

SEA e SEPES avalan a boa marcha do Polígono do Reboredo en Monforte

O director xeral do SEPES, Fidel Vázquez, e Beatriz Sestayo, xerente de SEA, coñeceron de primeira man a situación deste polígono empresarial monfortino tras unha reunión co alcalde José Tomé Roca este luns 14 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fidel Vázquez, director xeral do SEPES –Entidad Pública Estatal del Suelo–, acompañou este luns 14 de marzo a Beatriz Sestayo, xerente de SEA –Suelo Empresarial del Atlántico– para coñecer o estado da demanda de solo industrial en Monforte.

Nesta visita reuníronse co alcalde José Tomé Roca para avaliar a situación actual do polígono industrial do Reboredo, un dos 13 que xestiona SEA en Galicia, e coñecer a demanda empresarial que hai na zona.

Beatriz Sestayo evidenciou a boa marcha do mesmo co feito de que só quedan dispoñibles tres parcelas. Lembrou que o pasado 2021 adxudicáronse un total de 51.073 metros cadrados de solo industrial, oito parcelas por 1,2 millóns de euros, e neste 2022 a ‘empresa locomotora’ do Reboredo, Oviganic, reservou unha nova parcela de 3.000 metros cadrados. Todo o anterior, dixo, “repercutirá a curto e medio prazo nunha importante xeración de emprego, no marco dos obxectivos de recuperación do Goberno de España”.

Pola súa banda, o director xeral do SEPES, Fidel Vázquez, valoraba tamén moi positivamente esta que foi para el “unha primeira toma de contacto” coñecendo os datos e visitando, en compañía de Beatriz Sestayo e o rexedor monfortino, o polígono industrial.

ÚLTIMAS

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...