Obras de renovación da estrada de Monforte a Currelos

A Deputación de Lugo comezou esta semana novas obras de mellora da estrada LU-P-3202, que conecta a cidade do Cabe coa localidade de Currelos, no concello do Saviñao.

Limpeza de cunetas na estrada. Foto: Prensa Deputación de Lugo

Con este proxecto, cun investimento duns 230.00 euros, a Deputación de Lugo actuará no conxunto da estrada dende o quilómetro 0 ao 24 con tarefas de limpeza de cunetas, drenaxe e substitución da sinalización vertical. Ademais, botará aglomerado entre o quilómetro 0 ao 0,455 e do 0,770 ao 3,070.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salientou a importancia destes traballos e recalcou que “a mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno”. Así mesmo, dixo: “defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.

MELLORAS NOUTRO TRAMO

O organismo provincial tamén ten en execución a mellora doutro tramo desta vía por un importe que ascende a 133.100 € para actuar do quilómetro 6,9 ao 10,4. Segundo informan, nestas obras a institución xa se limparon as cunetas e procederase ao estendido do aglomerado en quente nas vindeiras semanas.

Entre as obras xa acometidas e as que están en execución a día de hoxe, a Deputación leva destinado a esta estrada considerada de gran importancia para a zona sur da provincia un total de 600.000 €.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here