InicioEconomíaO conselleiro de Medio Rural pide solucións para a crise do transporte...

O conselleiro de Medio Rural pide solucións para a crise do transporte dende a Cooperativa Aira

O obxectivo da visita foi coñecer a súa situación ante o paro do transporte. Alí, José González reclamou que é fundamental e urxente que o Goberno central asegure tanto a chegada de alimentos ás explotacións gandeiras como a saída do leite das granxas e da carne dos matadoiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, desprazouse o pasado sábado 19 de marzo ata a cooperativa Aira, sita no Concello de Taboada.

Nesta visita reclamou a necesidade urxente de que o Goberno central asegure tanto a chegada de alimentos ás explotacións gandeiras como a saída do leite das granxas e da carne dos matadoiros, non só pola súa repercusión económica, senón pola supervivencia e o benestar dos animais. “En Galicia está tendo moita incidencia este paro”, asegurou o titular de Medio Rural.

Ao tempo, dixo o conselleiro, “estamos falando de produtos perecedoiros, que non admiten prórrogas nin retrasos, polo que insistiu en que a Garda Civil debería escoltar os transportistas que non secundan o paro, para que poidan exercer o seu dereito ao traballo”.

O titular de Medio Rural quere demostrar que a Xunta está preocupada pola “grave situación” e en permanente contacto co sector primario, neste caso concreto, cos gandeiros, cooperativas, industrias e distribución. O propio conselleiro asegurou que todos os axentes da cadea alertan sobre a gravidade da situación e o risco serio de parálise do sector, polo que dende o Goberno galego faise  un novo chamamento á Administración central para que actúe xa.

Así, o conselleiro solicitoulle ao delegado do Goberno que identifique corredores seguros para a distribución dos servizos esenciais á poboación, incluso sacando ao Exército se fora preciso, e convoque de inmediato a plataforma de transportes que secunda o paro para chegar a unha solución dialogada. En canto ao ministro, o conselleiro pedíulle que reúna de urxencia aos representantes nacionais da distribución, da industria e dos gandeiros para afrontar de maneira excepcional pero inmediata unha suba dos prezos de venda dos produtos dos gandeiros que están nunha situación xeneralizada de venta a perdas desde o ano 2021, agravada pola invasión rusa a Ucraína co desabastecemento de cereais e, agora, por este paro do transporte.

BAIXADA DE PREZO DOS CARBURANTES E PLANS DE AXUDA

Na mesma liña de peticións, e pensando no sector do Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, o conselleiro demandou unha “inmediata baixada dos carburantes e outros insumos claves para o sector primario” e informou de accións a levar a cabo dende a Xunta, como por exemplo, financiar o anticipo das axudas directas da PAC –que as explotacións cobran no mes de outubro de cada ano– e a apertura de liñas de crédito de ata 20.000 euros para poder atender compras de circulante, por parte dos gandeiros, avaladas pola Xunta. Para esta operación, a Consellería do Medio Rural dispón dunha liña de avais para chegar ata os 25 millóns de euros de préstamos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...