HomeEconomíaConecta Lugo terá un punto de asesoramento para pemes en Monforte

Conecta Lugo terá un punto de asesoramento para pemes en Monforte

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na mañá deste luns na presentación da iniciativa Conecta Lugo, que a Xunta desenvolve en colaboración coa Confederación de Empresarios desta provincia (CEL). A iniciativa permitirá abrir dous puntos de información en Ribadeo e Monforte de Lemos para achegar asesoramento a un maior número de pemes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As novas oficinas ofrecerán axuda ás pemes, especialmente en todo o que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolverán actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais para difundir entre o tecido empresarial da provincia a cultura da innovación, os apoios dispoñibles e a importancia de emprender este camiño.

Francisco Conde agradeceu á CEL a súa disposición a cooperar e insistiu na importancia da colaboración público-privada para impulsar a competitividade empresarial. Lembrou o programa de impulso á innovación das pemes, no que a Xunta está investindo 12M€ e que ten como obxectivo chegar a 15.000 empresas especialmente de núcleos non urbanos. Tamén avanzou a convocatoria dos préstamos IFI Innova, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Cun orzamento de 2,5M€ pon a disposición das pemes galegas axudas de ata 500.000 euros a un prazo máximo de 12 anos con catro de carencia. A previsión é mobilizar 4M€.

Conde tamén se referiu ao momento económico actual no que a recuperación estase vendo condicionada polo encarecemento progresivo da enerxía, “a transición enerxética desordenada e inxusta do Goberno central, a inflación e a crise de subministracións agravada polo paro no transporte.”

Incidiu no compromiso da Xunta co tecido empresarial e enumerou as medidas que o Goberno galego está poñendo en marcha para paliar a situación, como a liña de avais para pemes e un programa de préstamos directos que mobilizarán 140M€; a convocatoria de 128M€ en programas de aforro enerxético para familias e empresas -entre os que destacan o Bono Enerxía Peme ou a ampliación do Renove Automoción-; así como medidas específicas para sectores estratéxicos como o mar e o agropecuario.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...