HomeEconomíaEn marcha a segunda fase do polígono sarriano do Morelle

En marcha a segunda fase do polígono sarriano do Morelle

As obras licitaranse próximamente co obxectivo de transformar 250.000 metros cadrados en chan industrial para 85 parcelas.

Publicado o

- Advertisement -

Unha das prioridades do equipo de goberno, segundo apunta a alcaldesa Pilar López, foi impulsar esta segunda fase do Polígono do Morelle. Segundo Pilar López o proxecto estaba parado desde o 2013 e sempre que trasladaban a demanda ao goberno de Rajoy recibían como contestación que se estaba redactando o proxecto. Co cambio de executivo a dinámica cambiou e afirma a alcaldesa que así se demostra o compromiso dos socialistas por atender as reclamacións dos sarriáns, permitindo a implantación de novas empresas e xerando postos de traballo.

Asegura Pilar López que nos últimos meses o concello recibiu máis de 25 peticións por escrito de empresarios de distintos sectores demandando chan industrial. A intención é que nas próximas semanas traballadores do Sepes se reunan cos empresarios para informarlles do prezo real por metro cadrado das 85 parcelas que terá o polígono. Unha vez estean licitados os terreos e as obras para a urbanización do polígono, as empresas poderán comprar as parcelas para iniciar a súa actividade.

 

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...