HomeEconomía7 novas empresas en Monforte e Pantón a través do programa Galicia...

7 novas empresas en Monforte e Pantón a través do programa Galicia Rural Emprende

O programa destinado a apoiar a diversificación produtiva nos municipios rurais coa implantación de empresas non propiamente agrícolas, supón a aportación por parte da Consellería de Economía do 55% do investimento.

Publicado o

- Advertisement -

O programa Galicia Rural Emprende apoia con 445.500 euros a posta en marcha de 6 empresas en Monforte e 1 en Pantón. En Monforte de Lemos, o proxecto de maior investimento é o dun supermercado (cun investimento subvencionable de 305.000 euros) . Tamén se apoia a posta en marcha dunha axencia de seguros e unha franquicia de clases de cociña infantil (proxectos que rondan os 108.000 euros de investimento), un centro de música e entretemento (80.000 euros), unha perruquería canina e comercio de artigos para animais (58.000 euros), e unha axencia de viaxes (43.000 euros). En Pantón, a achega é para unha instalación fotovoltaica de 110.000 euros de investimento.

O programa está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020. Trátase de axudas de concorrencia competitiva para a execución dun plan empresarial ou de negocio que teña unha duración de 18 meses.

O programa Galicia Rural Emprende súmase ao amplo catálogo de servizos, ferramentas e instrumentos de apoio habilitados pola Xunta no marco da Lei do Emprendemento. Ao mesmo tempo a iniciativa enmárcase no Programa de formación e emprendemento no rural activado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de fixar poboación nas zonas menos poboadas de Galicia e aumentar as oportunidades laborais dos seus habitantes. A Xunta conta con outras accións con esta mesma finalidade: a formación á porta, a formación en industrias forestais, a posta en marcha de obradoiros duais de emprego, o desenvolvemento de coworkings no rural e a creación de laboratorios cooperativos.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...