O prazo de presentación de proxectos á VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra estará aberto ata o vindeiro 31 de maio.
Os premios de esta VIII edición son:
1º premio: 10.000€
2º premio: 5.000€
3º premio: 3.000€
As persoas interesadas en optar aos premios deberán de presentar unha idea innovadora para o desenvolvemento do medio rural e poñer en valor os seus recursos. A presentación farase a través do enlace https://sementedaribeirasacra.org/login.php
Trala presentación das ideas, o xurado elexirá as 10 propostas finalistas máis 3 de reserva. Os nomes do proxetos seleccionados daranse a coñecer o mércores, 20 de xullo. Estos finalistas terán ata o 30 de setembro para aportar toda a documentación relativa a súa idea e, finalmente, o sábado 12 de novembro celebrarase a gala onde se presentarán e defenderán os 3 proxectos gañadores desta VIII edición de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Para a presentación dos proxectos, a estrutura de presentación dos proxectos é:
• Título do proxecto (20 palabras).
• Descrición xeral do mesmo (300 palabras).
• Investimento a realizar (20 palabras).
• Postos de traballo a crear (50 palabras).
• Oportunidades do proxecto. Explicar as necesidades que cubre o proxecto (150 palabras).
• Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras).
• Outros premios obtidos (50 palabras).
• Destino do premio, en caso de resultar gañador (50 palabras).
• Integrantes e antigüidade da empresa (50 palabras).
• Financiación obtida para o proxecto (50 palabras).
A Asociación Semente Monforte nace no ano 2014 trala chuvia de millóns que deixou a lotaría de Reis en Monforte de Lemos. Así, algúns dos agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra co apoio de institucións públicas e privadas que desexan ver medrar o tecido empresarial do rural. Co obxetivo de axudar a materializar o proxecto xa van 7 edicións celebradas deste concurso que repartiu máis de 100.000€ en premios.