HomeEconomíaDomingo de 'oportunidades' en Monforte

Domingo de ‘oportunidades’ en Monforte

Remata a fin de semana de descontos no comercio local asociado de Monforte. Esta xornada dominical poderase aínda gozar de grandes oportunidades no recinto anexo da Praza de Abastos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte está a organizar esta fin de semana –20 e 21 de agosto–, na Praza de Abastos, unha nova edición da “Feira de Oportunidades de Verán”. Tras un sábado de gran movemento comercial espérase que este domingo manteña o interese de veciños e visitantes para a ‘caza de saldos’.

Dezaseis tendas ofrecen grandes descontos en roupa, calzado, óptica, agasallo, decoración, bebé e moito máis.

Relación de tendas participantes: Mimos, Cactus Rose, Mercería Carmen, Centro Óptico Susana Wirz, Doble M, The Closet, Sapitosysirenas, Colorín Colorado, Kukin Calzado Infantil, A&N Moda Infantil, Carpe Diem, Da Nosa Terra, F&M Moda, Chus Boutique, Sabrina Moda e Trivoli.

Horario para este domingo:

– Mañá: de 11.00h a 14.00 h.

– Tarde: de 17.00h a 19.00 h.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...