HomeEconomíaRibeira Sacra rozou o cheo en agosto

Ribeira Sacra rozou o cheo en agosto

A porcentaxe de ocupación dos aloxamentos deste xeodestino alcanzou o 89,5 %. As previsións para o mes de setembro, segundo o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, sitúanse no 58 %.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rematando este mes de agosto o Consorcio de Turimo Ribeira Sacra vén de facer públicos os datos de ocupación turística no territorio. A porcentaxe de ocupación nos aloxamentos de Ribeira Sacra no mellor mes do verán rozou o 90% e queda desagregada do xeito que segue:

     * Hoteis 3 e 4 estrelas: 91 % (Previsión: 76%).
     * Turismo Rural: 82% (Previsión: 88%).
     * Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 87% (Previsión: 54%).
     * Outros aloxamentos: 98% (Previsión: 75%).
     * Total ocupación: 89,5 % (Previsión: 73%).

En case todos os tipos de aloxamento que se contemplan para a toma de datos superouse a previsión inicial, sendo as vivendas turísticas e de uso turístico as que experimentaron un maior aumento de pernoctas en relación ás expectativas iniciais. Pola contra, o turimo rural baixou as súas previsións, pasando dun 88% a un 82%. Dende o Consorcio de Turismo amosan a súa satisfacción e lembran que este mes de agosto superouse en dous puntos a ocupación de 2021 e quedouse a 4 puntos do histórico agosto de 2019.

En calquera caso, dende o organismo turístico matizan que “temos que ter en conta que nos últimos tres anos incrementouse de xeito moi notable o número de prazas de aloxamento en Ribeira Sacra, polo que en termos absolutos o número de pernoctas é previsiblemente maior en agosto de 2022 que no de 2019”.

Este mes de agosto superouse en dous puntos a ocupación de 2021 e quedouse a 4 puntos do histórico agosto de 2019

Engaden tamén dende o consorcio turístico que en xeral o sector está moi satisfeito, pois superaron en máis de 16 puntos as cifras provisionais recollidas a finais do pasado mes de xullo.

PREVISIÓNS PARA SETEMBRO

As previsións de ocupación para o mes de setembro no conxunto de aloxamentos son as que seguen:

     * Hoteis 3 e 4 estrelas: 64 % 
     * Turismo Rural: 40% 
     * Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 37% 
     * Outros aloxamentos: 90% 
     * Total ocupación: 58%

En palabras de Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, “a incerteza que se apunta a nivel xeral para este outono polas previsións de inflación e estancamento da economía, semella non afectar á previsión de ocupación para setembro no xeodestino e agardamos que o balance aínda mellore estes datos”.

Alexandra Seara / Xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...