HomeEconomíaPode recuperar Monforte a súa grandeza ferroviaria como enlace clave de mercaderías...

Pode recuperar Monforte a súa grandeza ferroviaria como enlace clave de mercaderías no Eixo Atlántico?

Feijóo destaca que é unha "reivindicación chea de sentido común" e o alcalde do Barco agradece o "compromiso inequívoco" do Goberno galego.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte foi durante moitos anos o punto ferroviario máis importante de Galicia. Unha presencia, a ferroviaria, que aínda está moi presente neste concello e que distintos gobernos quixeron recuperar tras a grave crise dos anos 80 que provocou emigracións masivas e forzosas dos traballadores do tren.

Para volver recuperar a grandeza ferroviaria de Monforte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, representantes do organismo Eixo Atlántico e diversos alcaldes do Noroeste reuníronse  para abordar unha defensa común para a inclusión de Galicia e os seus portos no corredor europeo de transporte de mercadorías. Respecto diso, Núñez Feijóo subliñou que se trata dunha “reivindicación chea de sentido común” e mostrou o apoio “incondicional” da Xunta a esta demanda realizada polo Noroeste peninsular.

Con todo, e a pesar de que esta reivindicación sexa de “sentido común”, o ministerio non quere dar a súa confirmación. Unha reivindicación que para o rexedor de Monforte, José Tomé, é fundamental para revitalizar o concello e por iso pide que haxa compromisos “serios”.

Feijóo, pola súa banda, dixo que “nuns meses” se pedirá a Bruxelas que inclúa este corredor ferroviario para mercadorías dentro dos europeos, pois “se trata de pór en valor todas as mercadorías que poidan entra ou saír dos portos galegos“, así como captar fondos da UE. “É unha proposta que mellora todo o Noroeste español”, agrega.

VISIÓN DOS ALCALDES

Reunión sobre o Eixo Atlántico. Fonte:GC

A esta cita acudiron, entre outros, o alcalde do Barco, tamén presidente da Fegamp, Alfredo García, así como os rexedores de Monforte de Lemos, Ponferrada e Astorga. Alfredo García valorou este acto, xa que “todos os responsables políticos das cidades e as vilas polas que vai pasar no futuro este corredor necesitaban o compromiso inequívoco da Xunta e do apoio incondicional a este corredor“. “Por tanto témolo”, agradeceu.

O rexedor do Barco afirmou que “este é o primeiro paso”, pero despois deberán estar “todos unidos” para que “ese corredor sexa competitivo”. Pola súa banda, a alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo, dixo que os rexedores quedaron “moi satisfeitos” de “este respaldo tan importante” ao proxecto e de “esta maneira de vertebrar” que “vai máis aló das particularidades de cada rexión”.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...