HomeEconomíaInaugúrase en Monforte o primeiro 'Polo de Emprendemento de Lugo'

Inaugúrase en Monforte o primeiro ‘Polo de Emprendemento de Lugo’

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron o centro estratéxico na cidade do Cabe este mércores 30 de novembro. Dará servizo a nove concellos das comarcas de Chantada e Terra de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo centro é o primeiro que se estrea na provincia de Lugo como parte dunha rede de 12 polos que en 2023 se estenderá e dará cobertura a toda Galicia.

A conselleira, María Jesús Lorenzana, lembrou que o de Lugo Sur é o cuarto polo da Rede estreada o pasado mes de xullo co de Ourense Centro e Sur (situado en Verín), e xa integrada tamén por Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (en Coristanco). “Hoxe damos un novo paso coa inauguración do Polo Lugo Sur, o primeiro da provincia de Lugo”, remarcou Lorenzana.

O que será o polo Lugo Sur estará localizado en Monforte aínda que ofrecerá cobertura aos restantes oito concellos das comarcas de Chantada e Terra de Lemos: Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

No acto de inauguración estiveron algúns proxectos empresariais de éxito e con proxección no Sur de Lugo e tamén os alcaldes de Monforte de Lemos, Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.  

REDE DE POLOS

Tal e como describiu a conselleira, a rede de polos xurdiu para ofrecer un acompañamento continuado e ser un punto de apoio para as persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando, converténdose nunha rede de seguridade para todas aquelas persoas que se decantan polo emprego por conta propia.

Actualmente estes centros estratéxicos ofrecen asesoramento personalizado e permanente a 88 persoas beneficiarias, axudándoas a desenvolver 69 proxectos empresariais. Ata o momento xa se realizaron ademais 286 sesións de titorizacións coas emprendedoras e emprendedores.

Os proxectos enmárcanse maioritariamente nos eidos das actividades artísticas, recreativas e de entretemento (19 %); na agricultura, gandería, silvicultura e pesca (17%) e no de industrias manufactureiras (17%).

Este tecido de polos que se está a desenvolver polo territorio galego “forma parte da nova estratexia de emprego da Xunta de Galicia, Xempre contigo, un novo enfoque co que apostamos por un mercado laboral máis interconectado, formado e dinámico, articulado en base á colaboración público-privada, e co que queremos mellorar as capacidades das persoas traballadoras e o benestar laboral nas organizacións”, subliñou Lorenzana.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...