HomeEconomía"De nós depende que isto avance para poñernos á vangarda do futuro",...

“De nós depende que isto avance para poñernos á vangarda do futuro”, Ribeira Sacra Next AIE

Ribeira Sacra Next AIE costituíase o 4 de xaneiro ante notario coa firma de varios empresarios da provincia de Lugo, pero o seu obxectivo é unir ao sector empresarial da Ribeira Sacra, tanto da provincia de Lugo como de Ourense. Para comezar a andar fixéronse encontros con institucións e con empresas coas que se tiña contacto, agora suman unhas 80 empresas e fan un chamamento á participación de todas as empresas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario de Ribeira Sacra Next AIE, Severino Rodríguez, explicaba as orixes e como a Agrupación está aberta a todos os sectores empresariais con varios obxectivos que se poden ir ampliando, “elaborar un plan estratéxico feito por profesionais que coñeza o territorio para coñecer as necesidades e cara onde hai que camiñar, unha voz interlocutora con calquera colectivo e institución; promover a relación con outros territorios diferenciados como Ribeira Sacra para posicionarnos mellor no mundo, facilitar ás empresas o acceso aos fondos europeos, e a creación dun nodo tecnolóxico da Ribeira Sacra.”

Establécense 3 formas de participación na Agrupación, como socio con voz e voto cunha couta de 300€; como colaborador, formando parte da mesma, pero sen dereito a voto, cunha cuota que aínda está por definir e a terceira opción, “meténdose ao fondo a traballar por esta Agrupación, necesitamos unha directiva e fai falta xente para iso, necesitamos un grupo de 10, 15 persoas dispostas a traballar nisto”.

“Cremos que é importante participar porque é unha oportunidade e, ou nos xuntamos ou imos en inferioridade de condicións con calquera territorio. Os problemas e as fortalezas xestiónanse mellor desde a unión, só por iso témolo que tentar sen medo. Non hai nada que perder, só podemos gañar e se gañan as empresas gaña o territorio e gañamos todos”.

Tanto o secretario como o presidente, Manuel Dacosta, agradeceron a gran acollida deste acto de presentación pública. Dacosta aseguraba que desde que se firmara a constitución ata agora, a idea non fixera máis que medrar, “iso débese a que na Ribeira Sacra hai persoas con grandes iniciativas”.

Ribeira Sacra Next IAE Presentación

“A Ribeira Sacra que temos aquí agora é grazas a moita xente, pero o mundo está cambiando moi rápido, coa pandemia a evolución é moito más rápida e no mundo empresarial ocorre a diario”, por iso a importancia de unirse para acceder a fondos europeos que darán unha capacidade económica importante.

Dacosta insistía nos recursos e potencialidade do territorio Ribeira Sacra e apostaba por seguir poñéndoo en valor con todos os medios ao alcance e aquí insistiu na importancia do Nodo Tecnolóxico, “O nodo tecnolóxico é a clave para que este territorio avance cun paso moi firme moi seguro cara a modernidade, podemos conseguir que en calquera sitio do mundo a calquera hora do día unha persoa tecleé Ribeira Sacra e en 16 segundos teña a información de todos os proxectos que integran a Agrupación.”

De que a Agrupación camiña con paso firme deixouse constancia en canto a que xa se abriu unha colaboración para que as empresas poidan beneficiarse do Plan Retorna. Este encontro de presentación da Ribeira Sacra Next AIE completouse cuns pinchos e uns viños, durante os que moitas das persoas presentes aproveitaron para entrar a formar do novo proxecto.

ÚLTIMAS

“A calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable”, Antonio Lombardía, Presidente da D.O. Ribeira Sacra

A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita de 4.881.326 quilos...

Recital de Yolanda Castaño na Pobra do Brollón

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá este sábado un recital poético multimedia...

En marcha a cuarta campaña arqueolóxica no Preguntoiro, Pantón, cun orzamento de 16.400€

Estas tarefas veñen dar continuidade ás tres campañas anteriores, realizadas entre 2021 e 2023,...

Katy Varela: “Lugo é a provincia máis illada de España”

Katy Varela explica que “é necesario” que o Goberno central retome o proxecto de...