HomeEconomíaOs viticultores inscritos no rexistro da D.O.R.S. poden tramitar no Consello Regulador...

Os viticultores inscritos no rexistro da D.O.R.S. poden tramitar no Consello Regulador as axudas para reestruturación e reconversión da viña

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e prolóngase ata o 24 de abril. Neste período, os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra poderán tramitar as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, sita en C/Comercio 6-8, 1º piso de Monforte de Lemos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 41 09 68.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No DOGA do 27 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para este ano 2023 (código de procedemento MR446A).

Neste 2023 a convocatoria desta liña de axudas conta con 3 millóns de euros. Con elas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Preténdese así diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Foméntase a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

Con estas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, poténciase o cambio xeracional e un desenvolvemento ruraI. Son beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 20 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietaI e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...