HomeEconomíaClaudio Garrido quere actualizar os soldos das traballadoras da residencia ao contar...

Claudio Garrido quere actualizar os soldos das traballadoras da residencia ao contar cun remanente para gastos xerais de 4,9 M€

O concello de Sarria aproba a liquidación do exercicio de 2022 cun informe de Intervención “favorable” que cifra os remanentes de tesoureiría do concello para gastos xerais en 4,9 millóns de euros e os do organismo autónomo da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme en 320.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, asegura que estes remanentes “desminten dúas das grandes mentiras empregadas pola oposición nos últimos meses para cuestionar a xestión do goberno local.” Afirma o rexedor que a existencia de 4,9 millóns de euros de remantentes “invalida as afirmacións do PP e do PSOE de que o goberno de Camiña Sarria estaba a dilapidar os aforros do Concello de Sarria” e, por outro lado, “o feito de que a liquidación do exercicio de 2022 sexa semellante ás de anos anteriores demostra que os cartos da liquidación do IBI de 2016 a 2019 non foran ingresados nas contas municipais”.

“A liquidación deixa en evidencia que o PP e o PSOE cando repetían a pregunta de onde estaban os cartos do IBI tentaban a enganar e manipular á veciñanza, facéndolles entender que ese diñeiro estaba a ser utilizado e gastado polo goberno local, cando nunca chegou a ser ingresado nas contas do concello”, explicou.

Para este martes no concello de Sarria convocarase unha reunión da mesa de negociación do persoal “para propoñer realizar unha modificación de crédito coa finalidade de destinar 1,4 millóns de euros á aprobación do plantel municipal e da residencia, á aplicación retroactiva da RPT do concello desde o 1 de xaneiro e á actualización salarial do 2,5% para o exercicio de 2023 establecida por lei.”

De haber consenso, a pretensión do rexedor local é convocar un pleno extraordinario para aprobar estes acordos, que non puideron formalizarse con anterioridade “ao impedir a oposición a aprobación dos orzamentos municipais para 2023.”

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...