HomeEconomía20 persoas participan do obradoiro de emprego Baliño 2

20 persoas participan do obradoiro de emprego Baliño 2

O obradoiro de emprego, Baliño 2, que comeza este martes 30 de outubro, desenvólvese nos concellos de Pantón, Sober e O Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

Durante os vindeiros nove meses, os 20 participantes contarán cun contrato que lles permite recibir formación teórica e práctica en dúas especialidades e obter un certificado de profesionalidade.

Unha destas especialidades é a de ‘Montaxe e instalación de construcións de madeira’ que conta con 8 alumnos-traballadores (3 de Pantón, 3 do Saviñao e 2 de Sober). Traballarán na fabricación, colocación e adecuación de elementos do mobiliario urbano e de mobles para edificios públicos dos tres concellos participantes.

Na especialidade de ‘Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais’ participan 12 persoas (4 por concello). Desenvolverán as súas funcións no centro de día de Pantón, a residencia ‘Nosa Señora do Carme’ de Sober e en vivendas comunitarias do Saviñao.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 289.000 euros ao financiamento desta iniciativa, que sumará ademais as contratación doutras catro persoas para ocupar postos de dirección, administración e monitores

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...