HomeEconomíaRibas de Sil convida á súa Festa da Cereixa, o Viño e...

Ribas de Sil convida á súa Festa da Cereixa, o Viño e o Aceite

A celebración chega á súa XIX edición e será os días 10 e 11 de xuño na Praia Fluvial de San Clodio, capitalidade do concello.

Publicado o

- Advertisement -

“Detrás de maio vén San Xoán”, así reza o refraneiro, e como marca a tradición por estes lares, cando maduran as cereixas chega a súa festa no Concello de Ribas de Sil.

A coñecida Festa da Cereixa, que cos anos foise ampliando a outros produtos autóctonos de gran importancia no lugar como son o aceite e o viño, celebrarase na Praia Fluvial de San Clodio esta vindeira fin de semana, 10 e 11 de xuño. Ademais dos postos orientados a poñer en valor e comercializar a cereixa, o aceite e o viño, haberá outros con produtos alimentarios da contorna e tamén de artesanía e venda de libros.

Dende o concello congratúlanse de alcanzar os 19 anos de celebración: “parece mentira cando comezou isto, e xa imos pola XIX edición desta festa”, e din tamén que “afrontamos esta nova cita con ilusión e forza, pensando, coma no primeiro ano, en poñer en valor os nosos produtos e potenciar turisticamente a Praia Fluvial, ao mesmo tempo que tentamos disfrutar duns días de festa en compañía de amigos e familiares”.

Recinto feiral. Foto de arquivo.

Ademais dos postos comentados, o programa recolle diferentes actividades paralelas relacionadas co lecer e tamén coa posta en valor do patrimonio. Neste último caso, salientar a inauguración do CIRS –Centro de Interpretación do Río Sil– na vella escola de Torbeo, un edificio cultural que se incorpora á rede de centros do Xeoparque Montañas do Courel; o roteiro con interpretación xeolóxica dende Castro de Abaixo ata Torbeo pasando pola Cubela; e a presentación do libro “Historias do Concello de Ribas de sil”, do profesor Manuel Cao Rodríguez.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

O sábado 10 de xuño ás 10:00 h. abrirase o recinto feiral e paralelamente haberá un roteiro con interpretación xeolóxica co seguinte percorrido: Castro de Abaixo-A Cubela-Torbeo.

Ás 13:00 h. terá lugar a inauguración do CIRS (Centro de Interpretación do Río Sil) en Torbeo, no edificio que foi escola en tempos.

Xa pola tarde, ás 18:00 h. exposición de pinturas NAIF na Aula de Pesca e xornada de pintura ao aire libre, e ás 21:30 h. actuación musical na zona do anfiteatro.

Para o domingo 11 está previsto abrir os centros museísicos do CIMAR (Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana) e do CIRS (Centro de Interpretación do Río Sil) e ás 11:00 h. farase unha exposición da alfombra de flores do Corpus Christi no atrio da Igrexa de San Clodio.

CIMAR, edificio que sobresae no recinto do Xeocamping de Ribas de Sil / XdL

A partir das 11:30 h. amenizará o recinto feiral a Charanga KM0 e ás 13:00 h. será o pregón a cargo do Doutor en Arqueoloxía e natural de Torbeo, Luis Francisco López González.

Pola tarde, ás 17:00 o salón de actos do concello acollerá a presentación do libro “Historias do concello de Ribas de Sil”, do profesor Manuel Cao; e ás 20:00 h. haberá actuacións do grupo de baile de San Clodio e de Quiroga.

ÚLTIMAS

O Conselleiro de Cultura visita en Chantada as obras da nova biblioteca que rematarán a finais de ano

As obras, executada ao 80%, está previsto que rematen para finais de ano, lévanse...

O 7 de outubro farase o sorteo público de prazas do Programa Activa de Monforte

O sorteo de prazas celebrarase o luns, 7 de outubro, ás 13:30h no salón...

Adolfo Rubio espera conseguir unha alcaldía socialista na Pobra do Brollón para as próximas municipais

Ao acto de constitución da nova agrupación asistiu a Secretaria de organización na provincia...

“A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, exposición a pé de rúa en Monforte

A deputada de Cultura Iria Castro, acompañada pola tenente de Alcalde, Gloria Prada; o...