HomeEconomíaRemata a experiencia dos "Venres Cooperativos", a última xornada celebrouse en Taboada...

Remata a experiencia dos “Venres Cooperativos”, a última xornada celebrouse en Taboada con Aira e Milhulloa

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebrou o último dos catro Venres Cooperativos organizados pola Xunta con vistas á conmemoración do Día Internacional do Cooperativismo o vindeiro 1 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A última xornada dos venres cooperativos, celebrada en Taboada, permitiu coñecer o traballo da cooperativa produtora de lácteos, pensos e fertilizantes AIRA, de Taboada, e de Milhulloa, que se dedica desde Palas de Rei a cultivar e comercializar plantas medicinais ecolóxicas.

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego dá así a coñecer unha vez máis a experiencia de cooperativas de diferentes eidos co fin de atraer novas emprendedoras e emprendedores que poidan iniciar actividades nas fórmulas da economía social.

A Xunta trata de dar visibilidade á fórmula e valores do cooperativismo a través de experiencias reais asentadas no noso territorio que expoñen, así mesmo, as funcións dos polos de emprendemento e apoio ao emprego en aras de favorecer a creación de redes de colaboración e negocio.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...