HomeEconomíaÉxito de participación nas Xornadas do Plan de Desenvolvemento Turístico do Courel

Éxito de participación nas Xornadas do Plan de Desenvolvemento Turístico do Courel

Estaban impulsadas polo proxecto "O Courel, Destino e Futuro Vital" e tiveron lugar o pasado 29 de xuño no Concello de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a súa apertura evidenciouse o compromiso por parte de Noa Innova no mesmo, da man da súa socia Rosa Feijoó, e do ofrecemento para unha colaboración activa dos concellos involucrados nesta xornada. Estes municipios estiveron representados polos alcaldes Miguel Angel Soutela (Ribas de Sil) e Jose Luís Rivera (Quiroga).

Asistiron como relatores, representando á Xunta de Galicia, Pomba Vázquez (Xefa da área Provincial de Turismo), Pilar Fernández (Xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade), M. Olga Iglesias (Xefa Territorial de Medio Rural), Patricia Vázquez (Xefa do Servizo Provincial de Urbanismo), Cristina Franco en representación da Oficinas Conecta de Lugo e Ana Mel (Xefa da área de Cultura) como asistente.

En representación das empresas / emprendementos e actividades da zona participaron nas distintas mesas Guillermo Díaz e Iván Álvarez (Coureleando), Juan Luís Vázquez (Casa de Outeiro e Casa do Estanco), Diego Garcia (Miudiño S.Coop), Manuel López (Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra), Roi Estévez (Proxecto Vieiros), Nuria Iglesias (Mobyfi), Laura Aldariz (Tecgal Enerxias) e Ramon Vila (Director dos Museos de Quiroga).

Salientar a gran participación e debate entre os asistentes e os relatores das diferentes mesas, nas que se afondou sobre as necesidades reais do Courel: potenciación e maior difusión para fidelizar a marca do Xeoparque e das Montañas do Courel, infraestruturas viarias adecuadas, sinalización e acondicionamento dos roteiros, limpeza dos montes respectando a natureza, xestión focalizada en enxalzar e dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural, profesionalización/fixación dos traballadores, conexión entre os diferentes actores da zona para crear paquetes turísticos atractivos e que inclúan a todos os sectores, transformación dixital para unha conectividade segura e compromiso real das Administracións Públicas para que as axudas e subvencións cheguen aos que realmente as necesitan.

Os alcaldes participantes na xornada. Foto: O Courel, Destino y Futuro Vital.

Como conclusión, como ben apuntou o seu moderador Xulio Giz, quedou evidenciado o potente capital humano que está detrás de todos os proxectos onde impera o entusiasmo e as ganas de facer ben as cousas, un desexo desde o corazón de converter ao Courel nun referente da vida rural galega exitosa. Dende a organización comentaban, como reflexión final “esperemos que as Administracións Públicas escoiten as necesidades dos seus habitantes para axuntar esforzos e chegar ao ambicioso obxectivo deste gran proxecto que é fixar poboación e tecido empresarial na zona”.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...