HomeEconomíaO Polo de Emprendemento Lugo Sur asesorou preto de 50 proxectos

O Polo de Emprendemento Lugo Sur asesorou preto de 50 proxectos

No Polo Lugo Sur, desde o que se organizou a xornada deste día 10, dase cobertura e apoio ao emprego aos concellos de Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Carballedo, Chantada, Taboada, Sober e Monforte de Lemos. Ata o de agora atendéronse 47 proxectos empresariais de diversos sectores: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, hostalería, comercio e agricultura, gandería, silvicultura e pesca, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, destacou este luns en Sober, nunha xornada informativa organizada polo Polo Lugo Sur, para dar a coñecer os servizos de asesoramento e apoio ás iniciativas de emprendemento de aloxamentos turísticos no rural, os servizos que a Xunta está a prestar ás persoas emprendedoras desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Ardao sinalou o importante labor que a través dos polos se está a desenvolver para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo de calidade e pegado ao territorio. Este recurso, segundo apuntou, conecta ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio.

Na actualidade están activos en Galicia oito polos (serán 15 a finais deste ano), onde se acompaña ás persoas emprendedoras nos seus proxectos, desde principio ao fin, ao tempo que se celebran actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomentan o intercambio de ideas e coñecementos. Na provincia de Lugo, ademais do de Lugo Sur, están os da Montaña lucense e A Mariña, que acompañaron desde a súa posta en marcha 78 proxectos empresariais.

Axudas ao emprendemento

A directora xeral de Emprendemento tamén deixou constancia da nova edición das axudas ao emprendemento que se aprobaron recentemente no Consello da Xunta e da convocatoria das axudas para os investimentos desenvolvidos polas iniciativas empresariais máis recentes e contribuír a mellorar a súa competitividade. A iniciativa conta cun orzamento de  7 millóns de euros e podénse beneficiar pemes, persoas traballadoras autónomas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, que teñan iniciado a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2021 (ou máis tarde) e permanezan en activo.

Outorgaranse axudas para financiar investimentos realizados polas entidades entre o 5 de novembro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse, deste xeito, investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...