HomeEconomíaO concello de Monforte destina 51.000€ a subvencións para 10 entidades

O concello de Monforte destina 51.000€ a subvencións para 10 entidades

A Xunta de Goberno do Concello vén de aprobar os convenios de colaboración con diversas entidades monfortinas, para establecer as condicións e compromisos aplicables ás subvencións de carácter nominativo concedidas a ditas entidades, e recollidas nos orzamentos municipais deste ano 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os convenios de colaboración asinaranse coas seguintes entidades, recollendo os seguintes importes:

  • Centro Comercial Urbano: 12.000 euros.
  • Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo: 2.500€.
  • Museo Casa de Muñecas: 2.000€.
  • Clarisas Centro Purísima Concepción: 3.000€.
  • Asociación Naufragos do Paradiso: 4.000€.
  • Asociación Festival Carude Rock: 4.000€.
  • Centro Cultural e Recreativo RENFE: 1.500€.
  • Fundación Colegio Nuestra Señora de La Antigua: 3.643,92€.

Aprobáronse tamén dúas subvencións de carácter excepcional. A destinada a obras de adecuación do edificio da sociedade Círculo Victoria, cun importe de 5.000€, e a destinada a obras de mellora na cancha de baloncesto da Casa de Escolas Pías de Monforte, con 13.310€.

“Son axudas que destinamos dende o Concello para entidades, relacionadas con eidos fundamentais no tecido empresarial e social de Monforte, como o do comercio, a hostalería, a música, a educación ou a cultura”, destaca o alcalde.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...