HomeEconomíaVéndense dúas novas parcelas no P.I. dos Acivros, en Chantada

Véndense dúas novas parcelas no P.I. dos Acivros, en Chantada

Vendeuse a parcela número 22 do parque empresarial chantadino por un importe de 30.080€ a Citelfo SL, dedicada a instalacións eléctricas, mentres que a firma Asmatec SLU, cuxa actividade está centrada na reparación de maquinaria industrial, adquiriu a parcela número 26 por un importe de 40.800€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes cos representantes de dúas empresas chantadinas e ante notario os contratos de compravenda de dúas novas parcelas do polígono industrial dos Acivros, no concello de Chantada, un complexo que pasou a xestionar directamente a institución provincial trala extinción da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA).

Os alleamentos destes terreos leváronse a cabo a través dun proceso de adxudicación directa, tras os senllos escritos presentados polas empresas no mes de xullo, nos que mostraron o seu interese en adquirir as devanditas parcelas.

Con estas dúas novas adxudicacións, suman 37 as parcelas vendidas a día de hoxe no polígono industrial de Chantada. Un complexo que conta cun total de 49 parcelas, das cales 7 están reservadas. Así o parque chantadino ten a día de hoxe 5 espazos dispoñibles cunha superficie media de 1.100 metros cadrados. 

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...