HomeEconomíaSarria actualiza o sistema de cobro do matadoiro municipal ao detectar "posibles...

Sarria actualiza o sistema de cobro do matadoiro municipal ao detectar “posibles deficiencias”

A finais desta semana, o alcalde, Claudio Garrido, ordeou ao Departamento de Tesouraría a apertura dun expediente informativo para inspeccionar e aclarar o procedemento de emisión, cobro, recadación, tramitación, xestión e ingreso dos albaráns dos últimos catro anos, solicitando para a realización deste traballo a colaboración dos antigos tesoureiros municipais Diego Gonta e Natividad Chaos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sarria vén de actualizar o sistema de facturación e cobro da taxa polos servizos do matadoiro municipal, suprimindo os pagamentos en efectivo que desde anteriores mandatos acostumaban a realizar os usuarios particulares, tras detectar o Departamento de Tesouraría a finais do pasado mes de xullo “unha posible deficiencia” que estaba “a dificultar o seguimento e
control da recadación”.

Concretamente o pasado día 31 de xullo, o Departamento de Tesouraría trasladou ao rexedor local “unha posible deficiencia” na facturación da taxa polos servizos do matadoiro, refírese ao procedemento de xestión utilizado para o cobro dos albaráns emitidos aos usuarios particulares do matadoiro, que historicamente viñan realizando os pagos en efectivo para o seu posterior ingreso nas contas municipais.

Ante dita advertencia, o alcalde ordeou o mesmo día 31 de xullo aos empregados do matadoiro “que emitan factura (non só albaráns) de todos os servizos que presten no matadoiro, sen excepción” e autorizou ao persoal de Tesouraría a acceder ao arquivo do programa informático do matadoiro para inspeccionar os albaráns dos últimos catro anos.

Adicionalmente, desde comezos do pasado mes de agosto todos os albaráns emitidos polos servizos do matadoiro especifican que os pagamentos deben realizarse nun prazo máximo de 10 días mediante transferencia ou ingreso en efectivo en dúas contas correntes que o concello de Sarria posúe nas entidades Abanca ou BBVA.

Claudio Garrido salienta que coa apertura do expediente informativo preténdese “verificar se hai débedas tributarias impagadas polos usuarios do servizo ou pendentes de ingreso nas contas municipais, actuando con total transparencia e o máximo rigor para correxir unha deficiencia na xestión do matadoiro que parece que se viña arrastrando desde mandatos anteriores á chegada de Camiña Sarria ao goberno”.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...