HomeEconomíaEn estudo a implantación dun 'polígono agroforestal' no Saviñao

En estudo a implantación dun ‘polígono agroforestal’ no Saviñao

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo este sábado 9 de setembro unha reunión con veciños da parroquia de Xesto para valorar as posibilidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao podería sumarse á iniciativa de contar cun polígono agroforestal que abranguería unha superficie de preto de 100 hectáreas, distribuídas en 143 parcelas duns 33 propietarios. Segundo indicou José González, conselleiro de Medio Rural, a proposta é dedicalo a gandaría en extensivo ou cultivos anuais, fundamentalmente forraxeiros.

Este futuro polígono sumaríase aos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños.

O conselleiro lembrou que esta é unha das figuras de mobilización da terra agraria, mediante a cal se recuperan grandes áreas de terra potenciando os tres usos de chan -agrícola, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona.

Os polígonos agroforestais son unha ferramenta axeitada para recuperar a terra de boa capacidade produtiva que está abandonada ou infrautilizada. Dito aproveitamento faise, nestes casos, de forma sustentable creando actividade agrogandeira, fixando poboación e combatendo os incendios forestais.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...