HomeEconomíaXornada sobre emprendemento feminino en Quiroga

Xornada sobre emprendemento feminino en Quiroga

Será o vindeiro 22 de setembro na Casa da Cultura e en horario de mañá. A actividade enmárcase dentro do proxecto "O Courel destino e futuro vital".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto “O Courel destino e futuro vital”, promovido por Noa Innova e co apoio do MITECO, organiza o vindeiro venres 22 de setembro unha xornada dedicada especialmente ás Mulleres Emprendedoras.

Entre as 10:00 e as 14:30 h. debaterán no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga sobre o desenvolvemento local e as medidas que compre adoptar para fomentalo e que este sexa viable e efectivo. Neste senso poñeranse enriba da mesa temas como son os investimentos necesarios para favorecer o crecemento económico, a creación de emprego e a fixación de poboación con diversas actuacións para afrontar o reto demográfico na comarca de Quiroga.

Esta iniciativa, como outras que está a impulsar o devandito proxecto, ten como obxectivo xerar unha dinámica entre os cidadán, empresas e administracións para que fluan os investimentos nos tres concellos implicados nesta iniciativa (Folgoso, Quiroga e Ribas de Sil).

O desenvolvemento económico deste territorio, que conforman os concellos do Xeoparque Montañas do Courel, pasa polo desenvolvemento turístico, a atracción de visitantes e a creación de novas empresas e empregos.

PROGRAMA

O programa para a xornada está estruturado en tres mesas de exposición e debate con diferentes relatores/as e un tema de partida. A Mesa 1 leva por título “Mulleres emprendendo e como financiar os seus proxectos”, a Mesa 2 “Mulleres emprendendo. Potenciando un territorio”, e a Mesa 3 “Mulleres emprendendo en turismo e gastronomía”.

As tres mesas estarán moderadas pola comunicadora Mar Castro e entre as persoas relatoras salientar a presenza de autoridades como son Pilar Fernández, Xefa Territorial de Emprendemento de Lugo; Rafael Rábade Blanco, Técnico Superior do IGAPE, Verónica Buide, Presidenta da Asociación Iberoamericana de Mulleres na Industria da Animación; e Paloma Vázquez, Xefa Territorial de Turismo de Lugo.

Entre as emprendedoras relatoras haberá algunha local como Isabel Álvarez, arquitecta, e Maira López, hostaleira de Casa Pepe en Santa Eufemia.

A presentación, que dará comezo á xornada ás 10:00 h., correrá a cargo de José María López Bourio, representante da organización do proxecto “O Courel, destino e futuro vital”; e de José Luis Rivera, Alcalde do Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...