HomeEconomíaO presidente da Comisión de Política Rexional da Eurocámara visita a Ribeira...

O presidente da Comisión de Política Rexional da Eurocámara visita a Ribeira Sacra e Monforte

Younous Omarjee comentou que fixo esta viaxe para "coñecer de primeira man os problemas" dun territorio que presenta problemas de discriminación e de xestión dos fondos de cohesión.

Publicado o

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, levou este martes ao presidente da Comisión de Política Rexional da Eurocámara, Younous Omarjee, a unha visita a un conxunto de adegas tradicionais de Vilachá nun percorrido á Ribeira Sacra e Monforte.

Na visita tamén estivo a responsable do BNG na comarca Lugo-Sur, Rosana Prieto, o alcalde da Pobra de Brollón, Xosé Luís Maceda, e o tenente de alcalde de Quiroga, Xosé Manuel Fernández.

Así, abordaron conxuntamente a dificultade no acceso aos fondos e a “discriminación” tanto na repartición destes fondos como con respecto ás infraestruturas, así como o problema do despoboamento e a emigración.

“Unha xornada consecuencia dunha visita que fixo a Bruxelas unha delegación da comarca de Lugo Sur, na que se lle trasladou á Comisión Europea os problemas específicos que ten esta comarca e as dificultades para vivir na terra”, explicou Ana Miranda, quen lembrou que nesa visita, o presidente da Comisión de Política Rexional comprometeuse a visitar Galicia.

“Lugo Sur tamén é Europa, pero non está nas mesmas condicións que o resto de Europa e por iso criamos que era importante que vise no terreo a situación demográfica e de despoboamento”, manifestou a eurodeputada nacionalista, quen afirmou que en Bruxelas o BNG “seguirá demandando que os concellos de menos de 2.000 habitantes teñan acceso aos fondos europeos en igualdade”.

Neste sentido, Miranda reclamou que a Xunta “non faga unha repartición arbitrario dos fondos europeos, como están a facer, ás veces, en proxectos que non son necesarios”, mentres que incidiu na necesidade de apoiar a produción ecolóxica e protexer a produción vitivinícola que “é de alto risco e que traballan en condicións de moita dificultade”.

“COÑECER DE PRIMEIRA MAN OS PROBLEMAS”

Pola súa banda, Younous Omarjee destacou que é a primeira vez que un presidente dunha Comisión do Parlamento Europeo visita Galicia percorrendo diversas comarcas, desde a Costa da Morte á Ribeira Sacra, pasando por Santiago de Compostela.

Respecto diso, comentou que se decidiu a facer esta viaxe –previo a participar nun acto da Presidencia Española da UE en Murcia– para “coñecer de primeira man os problemas” dun territorio que presenta problemas de discriminación e de xestión dos fondos de cohesión.

“Non veño aquí para dicir que ben o fai a Comisión Europea, senón para ver por que non se reciben os fondos europeos”, apuntou Omarjee, quen asegurou que as discriminacións que sofre Galicia “non parten da Unión Europea” xa que o acceso aos fondos é decidido en virtude duns criterios obxectivos.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...