HomeEconomíaBolsas de tela para promocionar o comercio de Sarria

Bolsas de tela para promocionar o comercio de Sarria

¡Eu merco en Sarria, e ti?! é o nome da campaña do CCU de Sarria para premiar compras por importe igual ou superior a 25,00 € nos establecementos asociados; unha bolsa de tela, tipo “tote” serigrafiada e exclusiva da campaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU, coa colaboración da Xunta de Galicia, organiza desde esta semana e ata o día 15 de outubro unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.

As compras deben de facerse neste período de tempo e poderase escoller entre dúas bolsas con distinta serigrafía que terán que recoller nas oficinas do CCU de Sarria – ACES. Entregaranse un máximo 3 bolsas por persoa. Cóntase con 600 unidades que se regalarán ata agotar as existencias.

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...