HomeEconomíaVenres e sábado de Black Friday no comercio de Sarria

Venres e sábado de Black Friday no comercio de Sarria

O comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES organiza o "Black Friday", que se desenvolverá este venres, 24 de novembro e o día 25, co obxecto de promocionar as vendas dos artigos de tempada, incentivando ao consumidor a adiantar as compras de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 26 establecementos participarán nesta oitava edición organizada dende a Aces-CCU, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, agasallo, calzado, decoración, óptica, iluminación, etc…  Os establecementos participantes serán os seguintes: Cris Abad, Atmosfera Sport, Dimar Moda, Cactus Rose, Duet Moda, Calzados Veiga, Ultreia, Zaida, Senayo, Vilamey Complementos, Micsport, Colorín Colorado, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Lar de Menchu, Barja Shoes, Joyería Díaz, Calzados Gayoso, Trece Tablas, Sabrina, Isabel Moda, Electronova, Mercería Lucía, Lara pinturas y hogar, Peregrinoteca, Los Sueños de Uxía. 

Dous días nos que os 26 establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus productos con ata un 20% de desconto. Os establecementos contarán co cartaz promocional desta campaña, unha decoración especial que permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes no Venres Negro do Centro Comercial Urbano de Sarria. Ademáis contarán cun soporte con código QR a través do que os clientes poderán rexistrar as súas compras e participar no sorteo dun vale de 200€.

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...